Día Internacional da Lingua Materna
0 (0 Likes / 0 Dislikes)
Asociación da Mocidade Bengalí
Bangla Youth Production presenta
Día Internacional da Lingua Materna
O Movemento pola Lingua Bengalí constituíu unha andaina política en Bangladesh,
daquela coñecido como Paquistán Oriental.
O 27 de xaneiro de 1952
Paquistán Occidental impón o urdu como lingua oficial,
ignorando o 56% da poboación que falaba bengalí como lingua materna principal,
o que provocou o rexeitamento espontáneo do estudantado,
que protestou baixo o slogan [en bengalí]
que significa "Queremos o bengalí como lingua oficial”.
O 21 de febreiro de 1952
non só representou un movemento de defensa da lingua
senón que foi unha das causas principais
que promoveu e finalmente desatou
a guerra de independencia de Bangladesh.
Percibindo o imparábel desacougo do pobo bengalí fronte á opresión
o Goberno promulgou o apartado 144,
que ilegalizou calquera tipo de manifestación pública.
Os estudantes decidiron incumprir o capítulo 144
sabendo que lles custaría a vida.
Estudantes e mulleres manifestáronse pacificamente;
porén, foron asasinados a tiros pola policía sen aviso ningún.
Morreron 12 estudantes
e máis de 96 foron feridos de bala.
As novas das matanzas de estudantes espalláronse decontado por todo o país
e ás tres da tarde dese día comezou un paro xeral.
Pechou de xeito inmediato toda a administración,
xulgados, tendas, e mesmo as emisoras de radio e estacións de ferrocarril.
O pobo desafogouse nas rúas,
o país enteiro ergueuse con indignación e furia.
A miña lingua é o meu orgullo e a miña dignidade,
e reflicte a miña cultura.
Entre os asasinados estiveron:
Abdul Jabbar
un xove granxeiro que foi a Dhaka o 20 de febreiro
para acompañar ao médico á súa sogra.
Abul Barkat
graduado en ciencias políticas da Universidade de Dhaka no 1951.
Rafiq Uddin Ahmed
un empresario, traballador social e actor,
Rafiq estaba en Dhaka facendo compras para a súa voda.
Todos eles recibiron a Medalla do Día da Independencia,
máxima condecoración do Estado de Bangladesh.
23 de febreiro de 1952
O "Sohid Minar".
O Sohid Minar consta de catro marcos de mármore
que representan catro homes
que morreron o 23 de febreiro de 1952.
e o dobre enmarcado representa as súas nais e o seu país.
O primeiro Sohid Minar foi construído
no lugar onde os estudantes foron asasinados,
mais tres días despois foi destruído pola policía de Pakistán Oriental.
Monumentos conmemorativos dos asasinatos do 23 de febreiro de 1952,
fóronse erixindo en Bangladesh e noutros lugares do mundo.
A lingua é poderosa.
É conexión, comunicación...
e... identidade.
9 de maio de 1954
Logo de anos de conflito, o goberno central cedeu
e concedeulle estatus oficial á lingua bengalí en 1956.
O Ekushey (os sucesos do 21 de febreiro de 1954) axudoulles en última instancia
a abrírense camiño contra a opresión, á loita pola emancipación.
Aproximadamente 215 países no mundo
celebran o Día Internacional das Lingua Materna.
Daquela, o Movemento pola Lingua Bengalí non foi só unha revolución lingüística e cultural,
senón tamén unha cruzada pola igualdade e a liberdade.
17 de novembro de 1999
A UNESCO declara o 21 de febreiro
Día Internacional da Lingua Materna,
como conmemoración deste acontecemento único,
para que o mundo enteiro celebre,
como homenaxe ao Movemento pola Lingua Bengalí
e os dereitos etnolingüísticos da xente de todo o mundo.
Decembro de 2002
O presidente de Serra Leoa, Abmad Tejan Kabbah,
declarou tamén o bengalí como lingua oficial,
en recoñecemento ao traballo de 5300 soldados de Bangladesh
na forza de pacificación da misión da ONU en Serra Leoa
O Instituto Linguapax, en Barcelona,
presenta o Premio Linguapax anualmente no Día Internacional da Lingua Materna.
Igual ca outras linguas indoarias orientais,
o bengalí xurdiu entre o 1000 e o 1200 da nosa era,
a partir do sánscrito.
O bengalí é unha das linguas máis faladas,
ocupando o sexto lugar do mundo,
con case 300 millóns de falantes.
Aproximadamente 215 países celebran o Día Internacional da Lingua Materna arredor do mundo
Bangladesh é o único país
que loitou pola súa independencia por motivos lingüísticos.
Amosa o teu amor polas linguas.
A miña lingua
é a miña identidade
as miñas palabras
e a miña voz.
A lingua dille ó mundo
quen somos.
Ningunha vida ten cor
sen unha lingua.
A miña lingua materna
representa o meu grupo étnico.
A miña lingua é o meu xeito
de expresar a miña visión das cousas.
Creo firmemente na idea
de celebrar este día.
A lingua é a cousa máis doce
que une as persoas
arredor do mundo.
Estou moi orgulloso.
A miña lingua materna
A miña linguaxe materna
Bangladesh converteuse
nunha fonte de inspiración.
A Asociación da Mocidade Bengalí envía os seus mellores desexos
a todos e todas
neste 21 de febreiro,
Día Internacional da Lingua Materna.
O Día Internacional da Lingua Materna é unha celebración que se realiza en todo o mundo cada 21 de febreiro
para chamar a atención sobre a diversidade cultural e lingüística e o muntilingüismo.
Agradecementos especiais:
Ao Colexio Universitario Skyline -Emiratos Árabes- (Sr. Rajesh)
A todos os participantes neste vídeo, de diversas nacionalidades.
Advertencia legal.- Non somos propietarios de dereitos ningúns sobre o contido deste vídeo.
Grazas pola súa atención.
Para máis información acceda a: