Watch videos with subtitles in your language, upload your videos, create your own subtitles! Click here to learn more on "how to Dotsub"

A morte de Digit. Dian Fossey

0 (0 Likes / 0 Dislikes)
“Digit agardaba ansioso os contactos diarios. Convidábame a xogar, deixándose caer de costas, e axitando as súas pernas regordetas no aire. Mirábame e sorría como dicindo: ¨A que non te podes resistir?”. Neses instantes, creo que a miña obxectividade científica desapareceu”. Foi en xaneiro de 1978 cando un dos investigadores de Dian, Ian Redman, atopou unha visión tan terrorífica que a duras penas puido contarlle a Dian o que vira. Era o corpo mutilado do seu favorito: Digit. Digit enzarzárase nunha pelexa para protexer a súa familia, e matara un dos cans dos cazadores furtivos. Estes decapitaran a Digit e cortáranlle as mans. O seu corpo foi levado ao campamento de Dian. “De certo xeito, Digit era máis ca un neno para Dian. Ela simplemente non podía facerse á idea de que alguén lle quitase a vida. Dalguhna maneira, debido ás súas malas relacións cos furtivos, sentíase culpable da súa morte. Creo que se volveu histérica. Estivo histérica durante meses, xamais se recuperou, mencionouno unha e outra vez durante o resto da súa vida.¨ “ Hai momentos nos que un non pode mirar atrás por medo a que o seu ser se axite. Trato de non permitirme a min mesma pensar na angustia, na dor Dende este momento tiven que acostumarme a vivir cunha parte desoladora dentro de min”. “O asasinato de Digit foi un suceso horrible para min, pero é difícil imaxinar o que isto puido supor para Dian. Ela fora testemuña da súa infancia, de como Digit alcanzara a madurez para logo velo morrer dese xeito, En realidade, Digit fora asasinado no último dia de 1977, e creo que esa data foi un punto de inflexión no traballo de Dian, e certamente no meu. Este feito captou a atención de todos sobre o que neses instantes era o problema principal”. Seis meses despois, Uncle Bert e Macho tamén foron asasinados, pero o cambio chegou porque Dian dixolle a todo o mundo que o gorila que todos viran nas súas pantallas de televisión, o simpático e xuvenil Digit sentado ó seu carón, fora asasinado porque algún comerciante sabía que podía vender a súa caaveira e as súas mans a calquera visitante por vinte dólares’. “Estou a ter uns soños terribles, nos que todos son asasinados, e isto é pola miña culpa. Nin sequera podo mirar as súas fotos”. “Dian sentía que eran os seus nenos, e que ela fora sinalada para coidar de todos e cada un deles”.

Video Details

Duration: 4 minutes and 9 seconds
Country: Spain
Language: English
Views: 202
Posted by: xacoprofedeciencias on Feb 1, 2011

Fragmento dun documental sobre os gorilas de montaña e a investigadora Dian Fossey

Caption and Translate

    Sign In/Register for Dotsub above to caption this video.