Que me queres, amor?
0 (0 Likes / 0 Dislikes)
Ola! Chámome Andrés Cabana
e son profesor de matemáticas no IES Salvaterra de Miño
Podería recomendarvos moitos libros de matemáticas
de divulgación matemática
como "El Teorema del Loro", "El hombre que calculaba",
"Malditas matemáticas", "Alicia en el país de los números"
ou calquera deles pero iso, realmente, gustaríame que o fixera
calquer alumno do centro que lle gustaran as matemáticas
e que lle gustara ese tipo de libros.
Eu personalmente vouvos recomendar un libro
dalguén de aquí, da terra,
dalguén de cerca, dun paisano de A Coruña, de Montealto,
que se chama Manuel Rivas.
O libro chámase "Que me queres, amor?
Aínda que é un libro editado en 1995,
este libro de aquí
pois é un libro que nunca pasará de moda, pola forma en que está escrito
polas cousas que conta, que son cousas moi cercanas a nós
moi cercanas á xente do pobo.
Antes de empezar a ler o libro xa tiña idea de que me gustaría
porque xa lera algo de Manuel Rivas,
lera "Un millón de vacas" que é un libro de contos, igual ca este.
e tamén escoitaba a Manuel Rivas falar
case todos os días que colaboraba con Julia Otero
en Onda Cero nun programa pola tarde
e sempre me gustaron as cousas que dicía e sobre todo cómo as dicía
entonces xa sabía, antes de lelo, que me ía gustar
Cando estaba lendo o libro estaba entusiasmado
desexando chegar ao final de cada un dos contos
contos brillantes como o propio nome do título "Que me queres, amor?"
como "A lingua das bolboretas"
como "Un saxo na néboa"
e un moi especial que é "O míster e Iron Maiden"
que é un libro adicado a Arsenio Iglesias
ese mítico entrenador do Dépor de toda a miña vida!
e algún conto máis que están moi interesantes...
... sobre todo pola forma lírica e romántica que ten de contalos.
Pero non só me gustou antes e durante a lectura
senon que, sobre todo, despois da lectura...
case que me gustou todavía máis por varias razóns:
Primeira: porque cando fun á Amsterdan
puiden ver xustamente este cadro que é a portada do libro
que é a "Leiteira" de Vermeer e é tal cual a describe
Manuel Rivas no seu libro
Un cuadro brillante, asombroso e espectacular
igual que o libro!
Tamén ver na película de José Luís Cuerda
como enlaza eses tres contos de "A lingua das bolboretas"
"Carmiña" e "Un saxo na néboa"
na súa película "La lengua de las mariposas"
É un libro que, a pesar de ser un libro antiguo,
é moi recommandable para todos vós e, ademáis,
que se nalgún momento vos cansades del podedes deixalo aparcado
porque é un libro de contos e cada conto ten o seu argumento e final.
E nada máis!
Report this video as offensive