Watch videos with subtitles in your language, upload your videos, create your own subtitles! Click here to learn more on "how to Dotsub"

Rap Apréndeo Aíd

0 (0 Likes / 0 Dislikes)
Ah,ah,ah,ah. Mira ti, mira, virá, será por mirar, mirar será de esperar, que o mundo xira, ah. E non se sabe parar, estou contenta de estar, aquí e de ter ao meu lar o que me inspira. Sei comunicar e entoléceme iso de que, che conto todo o que é, aha estou tan tan preto de ti e ti, estás tan tan preto de min. Isto que fago é tan tan tan singular describo un mundo tan tan particular é información que podes necesitar e distracción que podes aproveitar, aha E non digo non, son algo cultural non o fago por pasta non son comercial só son un medio de difusión non aporto lixo iso non o quero non. Apréndeo, apréndeo, ascéndeo, deféndeo, enténdeo, esténdeo, uoooouooo. Apréndeo, apréndeo, ascéndeo, deféndeo, enténdeo, esténdeo, uoooouooo. Se che conto historias coas que te identificas coas que te embolicas, se che canto a música coa que te zarambicas iso é que te implicas, e non te complicas. Gústame o que fago, non o podo deixar o mundo dá cen voltas e eu non podo parar é o teu xeito de poder conectar (eh!) é a miña teima de podercho contar. Estar fronte a ti non é unha casualidade ti estás ao carón dunha realidade ter un servizo é ter unha seguridade estar seguro é unha necesidade. Podo ser a túa voz, podo ser o teu medio de comunicación eu podo ser ti, ti podes ser eu un pobo cunha cultura ten unha voz de seu, ah, ah. Apréndeo, apréndeo, ascéndeo, deféndeo, enténdeo, esténdeo, uoooouooo. Apréndeo, apréndeo, ascéndeo, deféndeo, enténdeo, esténdeo, uoooouooo. Apréndeo, apréndeo, ascéndeo, deféndeo, enténdeo, esténdeo, uoooouooo. Apréndeo, apréndeo, ascéndeo, deféndeo, enténdeo, esténdeo, uoooouooo. Apréndeo, apréndeo, ascéndeo, deféndeo,

Rap Apréndeo Aíd

Duration: 3 minutes and 2 seconds
Country: Spain
Language: Galician
Views: 84 (46 embedded)
Posted by: primeiralingua on Jan 31, 2012

Campaña da RTVG

Translate and Transcribe

    Sign In/Register for Dotsub to translate this video.